X ENCONTRO DE TEATRO AFECCIONADO DE BETANZOS 2019.
Sábado 2 de febreiro: A.C. Faíscas (Arteixo) con Un fiambre, unha rosca e un cancán.
Sábado 9 de febreiro: Allegro Teatro (Vigo) con Año 0 Antes de Cristo.
Sábado 16: Gargallada Teatro (O Barco) con O xogo de Versalles.
Sábado 23: Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos) con Insania.
lunes, 24 de diciembre de 2018
domingo, 28 de octubre de 2018
X Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2019
Queda aberto o prazo para que todos
aqueles grupos de teatro afeccionado que estean interesados poidan
inscribirse na décima edición do noso Encontro. Tedes ata o 30 de novembro e nos seguintes enlaces podedes consultar as bases e baixar a ficha de inscrición.
- Bases do X Encontro.
- Ficha de inscrición.
- Bases do X Encontro.
- Ficha de inscrición.
domingo, 25 de febrero de 2018
martes, 20 de febrero de 2018
Xornada de clausura do Encontro
Pode algúen reencarnarse? De ser así, ese ser viría a amolarnos a vida ou a amarnos? Carlos é viúvo dende hai un ano e cando parece que todo vai empezar a funcionar de novo unha inesperada avería na casa precipita unha chea de sucesos.
Adaptación da obra de Hubo Daniel Marcos, co seguinte reparto;
EVA: Vanesa Faro, CARLOS: Enrique Rodríguez, PAULA: Andrea Gómez, MADRE / ROSA: María Luz Varela, FONTANEIRO / DANIELA: Miguel Tomé, SIMÓN: Gerardo Seoane.
domingo, 18 de febrero de 2018
martes, 13 de febrero de 2018
3ª xornada do Encontro
Creación propia a partir de textos de El florido pensil de Andrés Sopeña, Enciclopedia Álvarez, revistas da Sección Femenina...
Enciclopedia Álvarez é a historia de catro nenas e catros nenos sometidos á absurda e ilóxica "des-educación" da escola franquista. Os problemas de matemáticas aos que "lles faltan datos" ou están "mal planteados", as preguntas de catecismo que se contestan de determinada maneira "porque lo pone el libro", as clases de ximnasia impartidas por mutilados de guerra, as de "hogar" para as nenas a cargo de mulleres da Sección Femenina ou a visita do inspector de Falange, entre outras, poñen sobre o escenario algunhas das incoherencias máis notorias daquel sistema. Unha historia contada con humor, porque desde o humor é máis agradable exercer a sempre necesaria memoria histórica. Unha historia que nos axuda a comprender o absurdo dun sistema educativo autoritario e irracional. Un absurdo incrementado polo paso do tempo, pero que durante máis de corenta anos foi un dogma imposto pola forza.
ALUMNOS:
PIÑEIRO, Ramón
Ángel Ares Eiroá
CABANAS, Juan
de Culán
LARREA, Benito
Pérez Soto
BERGANTIÑOS, Tino
de Marchante
ALUMNAS
PEPITA, Lucía
de Remourelle
CARMIÑA, Marisa
Freire
MARIPILI, Miriam Bouso
Gallego
TERESA, Sandra
Novo Rivas
PROFESORAS-ES
MESTRA DE MATES
Noelia do Correo
Vello
DOÑA VIRTUDES Chus
Paleo Cora
MESTRA DE XEOG.
Meli Blanco/Paz
Ermida Igrexas
DOÑA JACINTA Pepita
da Barranca
DON SALVADOR Dani
García
DOÑA ANGUSTIAS Maví
López Louro
INSPECTOR Lino Baamonde
VOZ EN OFF Roberto
Casas García
REALIZACIÓN
VESTIARIO Lucía Cruña Piñeiro
REALIZACIÓN
ESCENOGRAFÍA. Juan Rodríguez Penabad/Ramón Casas Oroza
MAQUILLAXE Lucía López Fernández
DIRECCIÓN Ramón Casas Oroza
PRODUCIÓN G. TEATRO C. C. OLLOMAO
domingo, 11 de febrero de 2018
martes, 6 de febrero de 2018
2ª xornada do Encontro
Situada en Chicago 1920, en una época donde la mujer comienza a integrarse en el mundo laboral, antes reservado en exclusiva para los hombres. La historia comienza en las oficinas de un afamado periódico de la ciudad donde un columnista, consagrado entre el público masculino, que firma bajo el seudónimo de "Eurípides", inicia una campaña de difamación hacia las mujeres poniendo en entredicho su nuevo estatus social. Las empleadas, hartas de tanta zancadilla, descubren quién se oculta detrás del seudónimo poniendo en marcha una investigación sobre su vida personal para poder sobornar y extorsionar al afamado escritor. Reuniendo todas las pruebas, las mujeres convocan una reunión nocturna en el sótano del edificio para tramar un plan de ataque. El escritor se entera de la reunión clandestina que han convocado contra él y decide enviar a un compañero disfrazado de mujer para averiguar exactamente lo que están conspirando contra él.
Autora y directora: Susana Crespo.
domingo, 4 de febrero de 2018
sábado, 27 de enero de 2018
1ª xornada do Encontro
Rosalía de Castro anda solta. O seu sartego está baleiro desde aquela noite en que os vixiantes de seguridade creron oír algo no Panteón de Galegos Ilustres. Aquela mesma noite en que foi vista en Vedra por primeira vez. Por que marchou? Por que a Vedra? Que require? Nun programa de TV tentarán atar todos os cabos, responder a todas as preguntas e farán todo o posible por convocar en directo o espírito da padronesa. Rosalía se estás aí... Maniféstate.
Autor: Manuel Cortés.
Directora: Paula Carballeira.
Elenco: Isa Albela, Silvia Aldrei, Rosa Álvarez, Santiago Álvarez, Sonioa Balado, Inés Bouzón, Laura Iglesias, Manuel Mougán, Hixinio Rodeiro, Antonio Vázquez, Mayte Vázquez.
sábado, 20 de enero de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)