jueves, 13 de febrero de 2025

Segunda xornada do Encontro

Título do espectáculo: De Marzo a Marzo.

Autor/a: Cristina Mariño, Carlos Castrillón.

Xénero: Drama/comedia.

Duración: 75 min. aprox.

Público ao que vai dirixido: Todos os públicos.

 

Cincuenta anos despois dos sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol, un rapaz ten que facer un traballo sobre o tema para a escola. Os máis vellos da familia recordan aqueles tempos de loita mentres o resto das personaxes, e eles mesmos, se enfrentan aos desafíos da vida actual. De marzo a marzo é un diálogo constante entre o presente e o pasado, entre a comedia e o drama, entre a tenrura e a rabia. Un retrato actual das cousas que cambian co paso da historia e daquelas que parecen non mudar. Unha peza conmovedora que non nos deixará indiferentes.


 

sábado, 8 de febrero de 2025

Función aprazada


Por problemas técnicos APRÁZASE a función de hoxe de Teatro Carauta ata nova data.

martes, 4 de febrero de 2025

Segunda xornada do Encontro: Teatro Carauta

Título do espectáculo: Balas sobre Broadway.
Autor: Woody Allen. Adaptación Xurxo Barcala.
Xénero: Comedia.
Duración: 65 minutos.
Público ao que vai dirixido: Todos os públicos.

David Shayne é un ambicioso dramaturgo que atopa inesperadamente o apoio financeiro para a súa nova obra de mans da mafiosa Giovanna Valenti. A condición? Que a súa “amiga”, a corista Olive Neil interprete un dos papeis. Pero non todo é tan malo, pois tamén participará a grande diva de Broadway, Helen Sinclair, no ocaso da súa carreira. Todo se complica cando Cheez, o rudo gangster que protexe a Olive, comeza a expresar as súas opinións sobre a obra.