martes, 1 de marzo de 2016

Agradecementos



 
 
Como nas anteriores edicións do noso Encontro de Teatro Afeccionado, a Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos facemos balance da edición deste ano.
 
O resumo deste mes de teatro non pode ser máis positivo: aumento do número de espectadores, que literalmente deixaron pequeno o aforo da aula de cultura, melloría no seguimento mediático, agradecemento expreso dos grupos participantes á acollida tanto da organización como do público...

En definitiva, un traballo conxunto do que nos felicitamos e que, coa axuda de colaboradores e patrocinadores, parece asentado de cara ao futuro.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario