Sábado 16 de febreiro ás 20:00 horas na aula de cultura Xulio Cuns: "O xogo de Versalles" de Gargallada Teatro de O Barco de Valdeorras.
O comediógrafo Molière é
reclamado polo Rei Sol para representar “Medea” nas festas de Versalles. A
obediencia debida, o afán por acadar a gloria e 7.000 libras de pago, farán que
se enrede nos ensaios dunha esperpéntica traxedia na que serán protagonistas a
desdeñada Raíña Mª Teresa e mademoiselle de la Valière, a amante do Rei. O
fachendoso “signore” Lully, compositor da Corte, pretenderá dirixir o
espectáculo e convertilo nunha ópera. Argucias, intrigas, trampas, segredos e
loita de egos nun xogo no que ninguén quere amosar todas as súas cartas. Que
clase de xogo é ese? O
xogo de Versalles! O que importa é asentar ben o cú na Corte, que ninguén ocupe
o teu lugar e, por riba de todo, loitar por sobrevivir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario