martes, 8 de febrero de 2022

Segunda xornada do Encontro

 

 

Drama de 105 minutos de duración dirixido a público adulto.
A compañía municipal de teatro de Sada, Leneas Teatro, trae a escena La dama del alba, un drama poético, ubicado no rural asturiano dos anos corenta, que mostra como a felicidade e mailo amor poden verse truncados pola morte, personificada aquí nunha sedutora muller. Quizais unha das obras máis representativas do seu autor, Alejandro Casona, foi estreada en Bos Aires e representa a nostalxia que este sentía pola súa terra natal, Asturias, desde a lonxana Arxentina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario