Clausura con "O galego, a mulata e o negro" da Asociación Cultural Cardume. Sábado 2 de abril ás 20:00h na Aula de Cultura Xulio Cuns.
Comedia de 90 minutos de duración.
Esta obra semella ser unha reconstrución do noso pasado galaico-caribeño representado en cinco actos onde galegos, mulatas e negros dan vida a uns personaxes que se desenvolven e transforman segundo van transcurrindo os cambios políticos e sociais en Cuba dende 1886 ata o 1990. Escravos africanos, emigrantes e mulatas que amosan coas súas andanzas unha panorámica histórica en clave de humor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario