lunes, 30 de enero de 2023

Primeira xornada do Encontro


Comedia de Esther F. Carrodeguas de 60 minutos de duración para todos os públicos

7 de outubro de 1934, cae a tarde na illa Darousa. 5 armadanzas inspirados polos recentes acontecementos sociopolíticos, entre eles a Folga da Minería Dasturias ou a declaración da República Federal Catalá, deciden fundar a súa propia República Sideral... E claro está, toda acción conleva unha reacción.

República Sideral é un texto de Esther F. Carrodeguas que resultou a obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos), se ben no caso da proposta de Teatro Airiños será interpretada por actrices e actores.

República Sideral é unha farsa esperpéntica que achega dende o humor este episodio histórico. Da man dos nosos Armadanzas e doutras tantas personaxes que formaron parte do feito, Airiños presenta novo proxecto.

A través dun texto potente, de moito sentido do humor, de personaxes creadas con detalle, respecto e orixinalidade, de grandes doses de memoria e fantasía e dun vestiario coidado e creativo Teatro Airiños quere compartir co seu público este anaquiño da historia, para que non caia no esquecemento e á vez que nos entretén, axude a reflexionar e levar o foro máis alá do espectáculo.

Elenco

Lucía Casal (Monicrequeira), Raquel Lodeiros (Rediós), Mari Santos (O Paxiriño), Ramona Fernández (O Tormentas), Merchi Pimentel (O Buá), Graciela Muñiz (O Barman), Miguel Silva (Garda de asalto / O máis Mola), Manuel Morán (Garda de asalto / León), Noel Pérez (Campaneiro / Carceleiro / Alcalde).

Ficha técnica

Dirección de Amantia Coello. Deseño do Espazo sonoro, iluminación e vestiario: Amantia Coello. Xastra: Lourdes Rodríguez. Espazo escénico: Noel Pérez, Manuel Morán e Amantia Coello. Deseño gráfico: Manuel Morán e Miguel Silva. Técnic@s: Fran Gómez e Amantia Coello

No hay comentarios:

Publicar un comentario