Título do espectáculo: O lago dos cisnes.
Autor: Tangatutanga Teatro.
Xénero: Comedia.
Duración: 60 min.
Público ao que vai dirixido: Xeral.
Breve sinopse ou resumo da obra:
Vai frío. Non podía ser doutro xeito. Isto é Friecia. Friecia é unha monarquía absolutamente absoluta, gobernada pola nosa benquerida raíña Fríxida. Fríxida é unha raíña do máis moderno pero que...respecta as tradicións! Algunhas como a pena de norte ou comer reno á feira, a comida nacional por excelencia. A raíña Fríxida está preocupada porque a tradición máis importante non se está a cumprir: o seu fillo Sigfrido, o principe herdeiro, vai facer 41 anos e aínda non casou! A raíña prepara un baile na corte con 263,5 candidatas. Está todo listo e medido, con grande exactitude friesa pero... a noite antes, Sigfrido vai de caza, e no bosque, perto do lago, vai ter lugar un encontro do máis inesperado... Calquera cousa pode acontecer nesta achega cómica de Tangatutanga Teatro ao ballet clásico do Lago dos Cisnes.
Elenco: Marta Bouzón, Inés Colmeiro, Patricia Crespo, Sabela Dávila, Andrea de Francisco, Silvia Lías, María Meimije.
Dirección: Beatriz Bravo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario