martes, 17 de febrero de 2026

Terceira xornada do Encontro: Catro Gatos Asociación Cultural e Teatral

 

Título: Encrobas. 
Autor: Tone Martínez.
Xénero: Teatro documental.
Duración: 60 minutos.
Público: Todos os públicos.
 
Encobas é unha peza de teatro documental e de creación colectiva que revive un episodio clave da loita social en Galicia: a resistencia labrega no val das Encrobas durante os anos 70 fronte á expropiación forzosa das súas terras por parte do Estado franquista e da empresa FENOSA.
 
A obra mestura testemuñas reais, ficción especulativa e recursos audiovisuais para ofrecer unha proposta escénica dinámica, emotiva e con forte carga política. A través do humor, a emoción e a memoria colectiva, Encrobas conecta pasado e presente, facendo reflexionar sobre o impacto do progreso, a loit polo territorio, a forza do colectivo e a vixencia destes conflictos na actualidade. 
 

Elenco: Elvira Varela, Óscar García, Arantza Rodríguez, Jose María Martínez, Soraya Sampedro. María José Ferreño, Lucía Ruiz


No hay comentarios:

Publicar un comentario