.

.

lunes, 19 de diciembre de 2016

Obras seleccionadas

- Cervanterías, de Medievándalos (Santiago de Compostela).
- La puta enamorada, do Grupo de teatro Intercazia (Benavente, Zamora).
- Frankenstein, do Grupo de teatro Badius (Baio).
- À deriva, de Ajidanha (Idanha a Nova, Portugal).

Agradecemos aos grupos non seleccionados o seu interese polo noso Encontro e agardamos que se manteña e incluso aumente para vindeiras edicións.

domingo, 4 de diciembre de 2016

viernes, 2 de diciembre de 2016

VIII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2017

A Agrupación Teatral Mariñán quere dar as gracias a todos aqueles grupos que enviastes proposta para participar no noso Encontro. O voso interese fixo que esta edición batise todos os nosos rexistros ata chegar a 46 obras inscritas. Agora queda o difícil traballo de seleccionar aos catro que conformarán o cartel. En breve publicaremos os escollidos.


martes, 8 de noviembre de 2016

O de menos é o nome en Laraño

Vémonos no Centro sociocultural de Laraño o domingo 20 de novembro ás 18:00h inaugurando a Mostra de Teatro de Laraño.


miércoles, 19 de octubre de 2016

VIII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2017
























Queda aberto o prazo para que todos aqueles grupos de teatro afeccionado que estén interesados poidan inscribirse na oitava edición do noso Encontro. Tedes ata o 30 de novembro e nos seguintes enlaces podedes consultar as bases e baixar os documentos necesarios para facelo.
- Bases do VIII Encontro.
- Ficha do grupo.
- Ficha do espectáculo.

miércoles, 28 de septiembre de 2016

Actuación en O Carballiño

Volve O de menos é o nome o domingo 9 de outubro ás 19:00 h no auditorio municipal de O Carballiño (Ourense) dentro da IX Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón.

miércoles, 10 de agosto de 2016

Ampliación de plantilla

A Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos anda pensando en ampliar a súa plantilla. Se estás interesado, pero antes queres saber onde te metes, podes botarlle un ollo a este blog e logo contactar con nós por medio dunha mensaxe privada ao noso facebook, ou se o prefires mediante un correo electrónico a agrupacionteatralmarinan@gmail.com.
Necesitamos xente con gañas de disfrutar do teatro. Ofrecemos teatro en estado puro (100% natural).

domingo, 26 de junio de 2016

XIX Certamen de Teatro Candilejas Don Bosco

O de menos é o nome recibiu no Teatro Colón dous premios na edición deste ano: ao mellor actor senior para Jose e á segunda mellor obra da categoría senior.


















Enlaces a clasificacións e gala de entrega de premios.

martes, 7 de junio de 2016

Actuación en O Barco.

Preciosa presentación a que nos fan os amigos de Gargallada Teatro para a nosa actuación no Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras o vindeiro vernes 10 de xuño ás 21h.



miércoles, 27 de abril de 2016

lunes, 18 de abril de 2016

Premios Lugrís Freire

 

Entrega dos Premios Lugrís Freire na XII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada, na que a O de menos é o nome foi galardonada cos premios a mellor espectáculo para o xurado e a mellor actor (Juan J. Vázquez), e dúas nominacións máis a mellor actriz (Sara Zabalza) e mellor actor (José Luis Mañana).

viernes, 15 de abril de 2016

Vídeo de O de menos é o nome

Celebramos nuestro 22º cumpleaños este 15 de abril colgando un vídeo promocional de nuestra última obra.

lunes, 28 de marzo de 2016

XII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada





O de menos é nome.

Domingo 3 de abril. 20:00 h.

Casa da cultura Pintor Llorens

Sada

martes, 1 de marzo de 2016

Agradecementos



 
 
Como nas anteriores edicións do noso Encontro de Teatro Afeccionado, a Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos facemos balance da edición deste ano.
 
O resumo deste mes de teatro non pode ser máis positivo: aumento do número de espectadores, que literalmente deixaron pequeno o aforo da aula de cultura, melloría no seguimento mediático, agradecemento expreso dos grupos participantes á acollida tanto da organización como do público...

En definitiva, un traballo conxunto do que nos felicitamos e que, coa axuda de colaboradores e patrocinadores, parece asentado de cara ao futuro.
 

miércoles, 24 de febrero de 2016

Encontro: sábado 27





Agrupación Teatral Mariñán
(Betanzos)
O de menos é o nome
Sábado 27 de febreiro 20:00h
Aula de cultura
Xulio Cuns
Betanzos
 
Por fin actuamos na casa











 
Máis fotografías da nosa actuación aquí.
 
 


 

martes, 16 de febrero de 2016

Encontro: sábado 20




Gargallada Teatro
(O Barco de Valdeorras) 
Fuga
Sábado 20 de febreiro 20:00h
Aula de Cultura
Xulio Cuns
Betanzos



 

 
 
Máis fotografías da actuación de Gargallada Teatro no noso Encontro aquí.



martes, 9 de febrero de 2016

Encontro: sábado 13

 





Allegro Teatro
(Vigo)
Ñaque o de piojos y actores
Sábado 13 de febreiro 20:00h
Aula de Cultura
Xulio Cuns
Betanzos

Grupo sustituto do anunciado 
Teruca Bouza 










Máis fotografías da actuación de Allegro Teatro no noso Encontro aquí. 

lunes, 8 de febrero de 2016

Encontro: sábado 6



Compañía El Ruiseñor 
(Culleredo)
La esposas alegres de Windsor
Sábado 6 de febreiro 20:00h
Aula de Cultura
Xulio Cuns
Betanzos
 
 
 SHAKESPEARE PARA ABRIR BOCA AQUÍ
 
 


 
Máis fotografías da actuación de El Ruiseñor no noso Encontro aquí.
 


viernes, 29 de enero de 2016

O Encontro na prensa

A unha semana do comenzo o VII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos xa quenta motores na prensa.


XORNAL DE BETANZOS (11/01/2016)


LA OPINIÓN (19/01/2016)

EL IDEAL GALLEGO (19/01/2016)

NOTICIAS VALDEORRAS (20/01/2016)

MARIÑÁN (22/01/2016)

lunes, 25 de enero de 2016

Actuación en Ribadeo

O de menos é o nome botou a andar en Ribadeo co debut oficial de dous novos membros da ATM: Berto Rovira no seu primeiro papel e Manuel Vázquez aos mandos técnicos.