jueves, 29 de octubre de 2020

XII ENCONTRO DE TEATRO AFECCIONADO DE BETANZOS 2021

Arranca a duodécima edición do Encontro organizado pola Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos. O prazo de admisión de propostas remata o 30 de novembro.

 

 

A pesar da que está caendo, imos aló. Desde Betanzos queremos animar aos grupos de teatro afeccionado a participar e ao público en xeral a asistir aos espectáculos desta nova edición que terá lugar no mes de febreiro de 2021.

Bases XII Econtro Betanzos.

Inscrición XII Encontro Betanzos.

 

 

jueves, 8 de octubre de 2020

Volve INSANIA

 

 O sábado 19 de decembro no Centro Sociocultural de Serra de Outes ás 20:00h dentro do Outono Teatral

sábado, 15 de agosto de 2020

PREMIOS GARELOS 2020

Premio Garelo da Cultura 2020 á Agrupación Teatral Mariñán por achegar as artes escénicas a todos os betanceiros.

 




 

lunes, 27 de julio de 2020

A Agrupación Teatral Mariñán condecorada co premio "GARELO 2020".


Os premios “ Garelo”, son o máximo recoñecemento que concede o Concello de Betanzos cada dous anos a betanceiros ou betanceiras que destacan na súa traxectoria ou ben a nivel individual ou ben a nivel colectivo en cultura, deporte e en comercio e industria.

Neste 2020, en Cultura o premio é para a Agrupación Teatral Mariñán, que empezou a súa traxectoria no 1994 como  unha solución para que os estudantes que cursasen esta materia no instituto Francisco Aguiar seguisen ligados ao mundo do teatro.  Desde entón, moitos betanceiros/as pasaron por esta agrupación que pouco a pouco foi evolucionando dun grupo de estudantes, ata un grupo de afeccionados alá polo 2003.

O actual elenco formado por 4 compoñentes cobra estabilidade no 2008, o que conleva unha evolución na forma de actuar e na propia selección e creación de obras. Este novo formato e a boa sintonía entre membros, refórzase coa chegada dos primeiros premios e recoñecementos de diferentes certames por toda Galicia.
No 2010, a ATM dá un paso máis, e grazas á axuda do Concello de Betanzos, poñen en marcha o "Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos" que nace coa vocación de promover o teatro, de contribuír á mellora da oferta cultural aos veciños de Betanzos e de potenciar a divulgación das compañías teatrais afeccionadas.
O éxito do Encontro aumenta ano tras ano, tanto no incremento de compañías interesadas en participar, como na afluencia de público, que tódolos sábados de febreiro enche a Aula de Cultura, facendo que o nome de Betanzos sexa unha referencia no teatro afeccionado galego actual.

A Agrupación Teatral Mariñán queremos agradecer ao Concello de Betanzos e ao noso público o seu apoio ao longo dos anos: MOITAS GRAZAS!

domingo, 1 de marzo de 2020

Fotografías de Unha primavera para Aldara

https://photos.app.goo.gl/oB7qi78uXe9rCRCZ8


Pode verse a reportaxe completa da representación en Betanzos picando na fotografía.

viernes, 28 de febrero de 2020

XI ENCONTRO. Clausura

CAMBIO NA PROGRAMACIÓN DO XI ENCONTRO DE TEATRO AFECCIONADO DE BETANZOS 2020.
Lamentamos que Tiruleque, por causa de forza maior, non puidera vir a Betanzos como estaba previsto. Agradecemos a Teatro Airiños de Asados que se prestara a facer esta sustitución para que o público de Betanzos non quedara sen a función de clausura da edición deste ano.


lunes, 24 de febrero de 2020

Fotografías de A última cea

https://photos.app.goo.gl/JCQTQGnU5Q5tuu9H6

Pode verse a reportaxe completa da representación en Betanzos picando na fotografía.

lunes, 17 de febrero de 2020

Fotografías de Dúas portas e un segredo

https://photos.app.goo.gl/5Hcm1Bp6nqESDScZ8

Pode verse a reportaxe completa da representación en Betanzos picando na fotografía.

martes, 11 de febrero de 2020

Fotografías de Fatum

https://photos.app.goo.gl/LcwzFZL95uZB97oZ9

Pode verse a reportaxe completa da representación en Betanzos picando na fotografía.

jueves, 6 de febrero de 2020

domingo, 2 de febrero de 2020

Fotografías de Un, dous, tres

https://photos.app.goo.gl/a5UUmXGb8m5X7eeM8 

Pode verse a reportaxe completa da representación en Betanzos picando na fotografía.