domingo, 26 de febrero de 2023

Clausura do Encontro

Fin do XIV Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2023. Gracias ao Concello de Betanzos polo seu compromiso durante anos co teatro afeccionado, aos patrocinadores polo soporte económico tan necesario, ao persoal da aula de cultura, os técnicos de luz e son e á nosa deseñadora gráfica polo seu traballo, aos grupos participantes pola calidade dos seus espectáculos e, en definitiva, ao abundante público asistente, fin último de todo este esforzo.

martes, 7 de febrero de 2023

Segunda xornada do Encontro


Comedia musical de Leandro Lamas de 63 minutos de duración para público adulto.

Unha peculiar familia que habita unha aldea no cu do mundo ve alterada a harmonía das súas vidas ao encontrarse entre a ameaza da nova concelleira que proxecta construír un parque temático sobre a aldea e o asentamento dunha tribu okupa que anda á procura da utopía desde a súa posición revolucionaria.

Manuel Felpeto, Juanín Ares Gondell, Loreno Montero, Silvia Casal, Xoán Padín, Yolanda Lozano.