miércoles, 9 de noviembre de 2022

martes, 1 de noviembre de 2022

XIV Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2023

Decimocuarta edición do Encontro organizado pola Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos. O prazo de admisión de propostas remata o 30 de novembro.

 

Desde estes enlaces é posible descargar as bases e a ficha de inscrición.

domingo, 19 de junio de 2022

"Crime desorganizado" premiado

XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado Deputación da Coruña 2022.

- Premio á mellor obra sénior. 

- Premio á mellor actuación de reparto: Inés Valiño. 

miércoles, 30 de marzo de 2022

Clausura do Encontro


 
Clausura con "O galego, a mulata e o negro" da Asociación Cultural Cardume. Sábado 2 de abril ás 20:00h na Aula de Cultura Xulio Cuns.
Comedia de 90 minutos de duración.
Esta obra semella ser unha reconstrución do noso pasado galaico-caribeño representado en cinco actos onde galegos, mulatas e negros dan vida a uns personaxes que se desenvolven e transforman segundo van transcurrindo os cambios políticos e sociais en Cuba dende 1886 ata o 1990. Escravos africanos, emigrantes e mulatas que amosan coas súas andanzas unha panorámica histórica en clave de humor.

martes, 22 de febrero de 2022

APRAZAMENTO DA XORNADA DE CLAUSURA DO ENCONTRO

 

Aprazada a representación e "O galego, a mulata e o negro" da Asociación Cultural Cardume que estaba prevista como clausura do Encontro. A nova data será o sábado 2 de abril.

martes, 15 de febrero de 2022

Terceira xornada do Encontro

 

 

Comedia de 75 minutos de duración para todos os públicos.

Animados polos éxitos colleitados coas comedias representadas anteriormente, a compañía Gargallada Teatro disponse a subir a escena o seu primeiro proxecto de perfil dramático. Unha ambiciosa obra de crime e misterio, "Asasinato en Haversham Manor", baseada nun clásico da novela negra británica. Están convencidos de que nin as dificultades técnicas, nin o escaso dominio do inglés, nin o feito de traballar con animais vivos serán impedimento para lograr o éxito. Sen embargo, sobreveñen os desastres e o elenco comenza a desesperarse baixo a presión. Serán capaces de estabilizar a representación antes de que caia o pano?

martes, 8 de febrero de 2022

Segunda xornada do Encontro

 

 

Drama de 105 minutos de duración dirixido a público adulto.
A compañía municipal de teatro de Sada, Leneas Teatro, trae a escena La dama del alba, un drama poético, ubicado no rural asturiano dos anos corenta, que mostra como a felicidade e mailo amor poden verse truncados pola morte, personificada aquí nunha sedutora muller. Quizais unha das obras máis representativas do seu autor, Alejandro Casona, foi estreada en Bos Aires e representa a nostalxia que este sentía pola súa terra natal, Asturias, desde a lonxana Arxentina.

miércoles, 2 de febrero de 2022

Primeira xornada do Encontro


Comedia de 90 minutos de duración e dirixida a tódolos públicos.
Dúas mulleres amigas. Una quiniela millonaria. Un marido que morre por sorpresa. Un caradura que fala cos mortos e ... o cóctel está servido.