miércoles, 28 de febrero de 2024

Xornada de clausura do Encontro: Hipócrita Teatro

 

Título do espectáculo:  Arte.

Autor:  Yasmina Reza.

 

Xénero: Traxicomedia.

 

Duración:  70 min.

 

Público ao que vai dirixido: Maiores de 12 anos.

 

Breve sinopse ou resumo da obra:

Esta é unha obra construída con personaxes que se amosan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, sabe dicirnos unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos. Veremos como, en cuestión dunha semana e por un motivo aparentemente trivial, tres amigos fan saltar polos aires unha relación de quince anos e compórtanse como nacións en guerra: alianzas secretas, pactos rotos e, sobre todo, tolerancia cero. Axiña, todo isto mostraranos a fraxilidade das relacións humanas. A incapacidade para entender e para amar por riba dos nosos propios prexuízos.

Elenco: Teo García (Teo), Iván Redondo (Iván), Michael Pereira (Carlos).

 

miércoles, 21 de febrero de 2024

Terceira xornada do Encontro: Tangatutanga Teatro

 

Título do espectáculo: O lago dos cisnes.

Autor: Tangatutanga Teatro.


Xénero: Comedia.

 

Duración: 60 min.

 

Público ao que vai dirixido: Xeral.


Breve sinopse ou resumo da obra:

Vai  frío.  Non  podía  ser  doutro  xeito.  Isto  é  Friecia. Friecia  é  unha  monarquía  absolutamente  absoluta,  gobernada  pola  nosa benquerida  raíña  Fríxida. Fríxida  é  unha  raíña  do  máis  moderno  pero  que...respecta  as  tradicións!  Algunhas como  a  pena  de  norte  ou  comer  reno  á  feira,  a  comida  nacional  por  excelencia. A  raíña  Fríxida  está  preocupada  porque  a  tradición  máis  importante  non  se  está  a cumprir:  o  seu  fillo  Sigfrido,  o  principe  herdeiro,  vai  facer  41  anos  e  aínda  non casou! A  raíña  prepara  un  baile  na  corte  con  263,5  candidatas.  Está  todo  listo  e  medido, con  grande  exactitude  friesa  pero...  a  noite  antes,  Sigfrido  vai  de  caza,  e  no bosque,  perto  do  lago,  vai  ter  lugar  un  encontro  do  máis  inesperado... Calquera  cousa  pode  acontecer  nesta  achega  cómica  de  Tangatutanga  Teatro  ao ballet  clásico  do  Lago  dos  Cisnes.

 

Elenco: Marta Bouzón, Inés Colmeiro, Patricia Crespo, Sabela Dávila, Andrea de Francisco, Silvia Lías, María Meimije.

 

Dirección: Beatriz Bravo.

martes, 6 de febrero de 2024

Segunda xornada do Encontro: Teatro Artesán.

Título do espectáculo: Melocotón en almíbar.

Autor: Miguel Mihura.

Xénero: Comedia.

 

Duración: 80 minutos

 

Público ao que vai dirixido: Todos os públicos.

Unha banda de atracadores refúxiase nun piso en Madrid fuxindo da policía despois do seu último golpe. Un percance inesperado trastócalles todos os seus plans polo que teñen que improvisar unha solución sorprendente.