Título do espectáculo: De Marzo a Marzo.
Autor/a:
Cristina Mariño, Carlos Castrillón.
Xénero:
Drama/comedia.
Duración:
75 min. aprox.
Público
ao que vai dirixido: Todos os públicos.
Cincuenta anos despois dos sucesos do 10
de marzo de 1972 en Ferrol, un rapaz ten que facer un traballo sobre o tema
para a escola. Os máis vellos da familia recordan aqueles tempos de loita
mentres o resto das personaxes, e eles mesmos, se enfrentan aos desafíos da
vida actual. De marzo a marzo é un diálogo constante entre o presente e o
pasado, entre a comedia e o drama, entre a tenrura e a rabia. Un retrato actual
das cousas que cambian co paso da historia e daquelas que parecen non mudar.
Unha peza conmovedora que non nos deixará indiferentes.