lunes, 23 de febrero de 2026

Xornada de clausura do Encontro: Allegro Teatro

Título: Agua y aceite. 
Autor: Allegro Teatro.
Xénero: Comedia.
Duración: 85 minutos.
Público: Maiores de 12 anos.
 
Unha obra cómica deseñada para facer rir. Nesta comedia, dous irmáns, Julio e Marta, despois de vinte anos sen contacto, atópanse de novo nun duelo divertidísimo e traveso, onde deberán superar o seu pasado e enfrontarse a un novo e inesperado futuro. É mellor amarse ou matarse...? Esta pregunta será respondida polos dous irmáns, que parecen non levarse ben de ningún xeito debido ás súas diferentes visións da vida. A lembranza da súa nai está sempre presente, e a súa constante "presenza" leva a situacións cómicas. 
 
Elenco: Suso Marnu y Mariángel Moure. 
 

martes, 17 de febrero de 2026

Terceira xornada do Encontro: Catro Gatos Asociación Cultural e Teatral

 

Título: Encrobas. 
Autor: Tone Martínez.
Xénero: Teatro documental.
Duración: 60 minutos.
Público: Todos os públicos.
 
Encobas é unha peza de teatro documental e de creación colectiva que revive un episodio clave da loita social en Galicia: a resistencia labrega no val das Encrobas durante os anos 70 fronte á expropiación forzosa das súas terras por parte do Estado franquista e da empresa FENOSA.
 
A obra mestura testemuñas reais, ficción especulativa e recursos audiovisuais para ofrecer unha proposta escénica dinámica, emotiva e con forte carga política. A través do humor, a emoción e a memoria colectiva, Encrobas conecta pasado e presente, facendo reflexionar sobre o impacto do progreso, a loit polo territorio, a forza do colectivo e a vixencia destes conflictos na actualidade. 
 

Elenco: Elvira Varela, Óscar García, Arantza Rodríguez, Jose María Martínez, Soraya Sampedro. María José Ferreño, Lucía Ruiz


lunes, 9 de febrero de 2026

Segunda xornada do Encontro: Grupo de Teatro Badius


Título: O parvo. 
Autor: Adaptación dun texto de Francis Veber.
Xénero: Comedia.
Duración: 90 minutos.
Público: Todos os públicos.
 
Convidar a cear pode parecer un detalle bonito e ata desinteresado. Pero se as invitacións son como as de Pedro Brandoñas, a cousa cambia. Os problemas van vir cando o invitado, Francisco Piñeiro, que en principio parecía un pouco... parvo, comeza a enlear as cousa dunha maneira que a saber como acabará todo. 
 

 FICHA ARTÍSTICA:
- Marco A. Álvarez: Pedro Brandoñas (editor).
- Gloria E. Regaldie: Cristina Guimareu (escritora).
- Juan M. Caamaño: O médico (reumatólogo).
- Pablo Soto “Pibe”: Francisco Piñeiro (funcionario de facenda e maquetista).
- Ramón Lema “Monchi”: Liborio Xusto (escritor e amigo de Pedro).
- Lourdes Vidal: Amelia (amante de Pedro).
- Juan A. Villar “Tono”: Celidonio (inspector de facenda e amigo de Francisco).
- Fernanda Regaldie: enfermeira.
- Alberto Villar: voz de Bieito.
 
FICHA TÉCNICA:
- Guion teatral: adaptación de BADIUS
- Escenografía e vestiario: BADIUS.
- Iluminación: Miguel A. Fernández.
- Ambientación musical: Ricardo Vigueret.
- Programas: Álvaro Villar-Ricardo Vigueret.
- Secretaria: Maca Fernández.
- Dirección: Alberto Villar.

martes, 3 de febrero de 2026

Primeira xornada do Encontro: Grupo de Teatro do Lecer

 
Título: Silencio cómplice.
 
Autor: Fernando Iglesias Maran.
Xénero: Drama.
Duración: 60 minutos.
Público: maiores de 16 anos.
 
Unha historia que nunca é só unha. Inés medra, ama, sobrevive e silencia. As voces que a rodean reconstrúen, entre ausencias e inaccións, un relato marcado pola violencia psicolóxica e o silencio social. 


 

lunes, 29 de diciembre de 2025

XVII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2026

 Grupos seleccionados:

- Grupo de Teatro do Lecer (A Coruña) Silencio cómplice.

- Grupo de Teatro Badius (Baio) O parvo.

- Catro Gatos (Bergondo) Encrobas.

- Allegro Teatro (Vigo) Agua y aceite.

Completan o cartel da décimo sétima edición do Encontro que terá lugar o vindeiro mes de febreiro na Aula de Cultura Xulio Cuns. 


miércoles, 26 de noviembre de 2025

Comeremos Croquetas en Portugal

 
A Agrupación Teatral Mariñán vén de ser invitada a participar no Festival de Teatro Amador do Noroeste Peninsular Palco de Terra que organiza o grupo Teatro de Balugas preto de Barcelos. 

Alí comeremos Croquetas o 6 de decembro ás 16:00h. 

sábado, 1 de noviembre de 2025

XVII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2026

Décimo sétima edición do Encontro organizado pola Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos. O prazo de admisión de propostas remata o 30 de novembro.



Desde estes enlaces é posible descargar as bases e a ficha de inscrición. 

Bases XVII Encontro Betanzos.

Inscrición XVII Encontro Betanzos.

 

jueves, 13 de febrero de 2025

Segunda xornada do Encontro

Título do espectáculo: De Marzo a Marzo.

Autor/a: Cristina Mariño, Carlos Castrillón.

Xénero: Drama/comedia.

Duración: 75 min. aprox.

Público ao que vai dirixido: Todos os públicos.

 

Cincuenta anos despois dos sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol, un rapaz ten que facer un traballo sobre o tema para a escola. Os máis vellos da familia recordan aqueles tempos de loita mentres o resto das personaxes, e eles mesmos, se enfrentan aos desafíos da vida actual. De marzo a marzo é un diálogo constante entre o presente e o pasado, entre a comedia e o drama, entre a tenrura e a rabia. Un retrato actual das cousas que cambian co paso da historia e daquelas que parecen non mudar. Unha peza conmovedora que non nos deixará indiferentes.