viernes, 2 de diciembre de 2016

VIII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2017

A Agrupación Teatral Mariñán quere dar as gracias a todos aqueles grupos que enviastes proposta para participar no noso Encontro. O voso interese fixo que esta edición batise todos os nosos rexistros ata chegar a 46 obras inscritas. Agora queda o difícil traballo de seleccionar aos catro que conformarán o cartel. En breve publicaremos os escollidos.


martes, 8 de noviembre de 2016

O de menos é o nome en Laraño

Vémonos no Centro sociocultural de Laraño o domingo 20 de novembro ás 18:00h inaugurando a Mostra de Teatro de Laraño.