martes, 6 de febrero de 2024

Segunda xornada do Encontro: Teatro Artesán.

Título do espectáculo: Melocotón en almíbar.

Autor: Miguel Mihura.

Xénero: Comedia.

 

Duración: 80 minutos

 

Público ao que vai dirixido: Todos os públicos.

Unha banda de atracadores refúxiase nun piso en Madrid fuxindo da policía despois do seu último golpe. Un percance inesperado trastócalles todos os seus plans polo que teñen que improvisar unha solución sorprendente.

martes, 30 de enero de 2024

Primeira xornada do Encontro: Andaravía Teatro.

Título do espectáculo:  Camiños e Carreiros

Autor: Clara Gayo

Xénero: Comedia

 

Duración:  70 min

 

Público ao que vai dirixido: Todos os públicos

 

Breve sinopse ou resumo da obra:

Esta comedia escrita e dirixida por Clara Gayo parte do "camiño de Santiago como espazo de encontro": encontro entre culturas, intereses e inquedanzas. Dous veciños de Vedra unen as súas forzas para poder sacar uns cartos extras beneficiándose da proximidade do Camiño de Santiago. Estarán preparados para atender e comprender as novas demandas do camiño do século XXI?

 

Elenco:  Ramiro (Antonio); Eugenia (Inés); Alexia (Tami); Presentadora (Sonia); Reporteira (Cristina); Marifé (Reyes); Nuria (Maribel); Alba (Laura); Valeria (Irea); José Manuel (Breogán); Amparo (Mayte); Vladislav (Daniel); Conchi (Mercedes); Samantha Goodman (Liliana); Arianna (Cristina).

 Técnico de luz: Daniel. Técnico de son: Hixinio.