miércoles, 29 de enero de 2025

Primeira xornada do Encontro: Damecuerdaqueteatro

 

 
 
Título do espectáculo: A Besta da Illa 
Autor: Damecuerdaqueteatro.
Xénero: Drama.
Duración: 80 minutos.
Público ao que vai dirixido: maiores de 12 anos.

Un grupo de oito nenas e nenos acaba nunha illa deserta. Teñen calor, sede e fame e queren que os rescaten. Necesitan poñer normas para organizárense. Quen será líder? Pero non están sós, unha besta asexa entre as árbores… Necesitan facer lanzas.

viernes, 20 de diciembre de 2024

XVI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2025

 

Grupos seleccionados.
 
- Damecuerdaqueteatro (Pontedeume) "A Besta da illa".
- Carauta Teatro (Santiago) "Balas sobre Broadway".
- Opaí Teatro (Ferrol) "De marzo a marzo".
 
Xunto cos organizadores a Agrupación Teatral Mariñán que estreará "Croquetas" en Betanzos, complétase o cartel da décimo sexta edición do Encontro que terá lugar o vindeiro mes de febreiro na Aula de Cultura Xulio Cuns.