martes, 3 de febrero de 2026

Primeira xornada do Encontro: Grupo de Teatro do Lecer

 
Título: Silencio cómplice.
 
Autor: Fernando Iglesias Maran.
Xénero: Drama.
Duración: 60 minutos.
Público: maiores de 16 anos.
 
Unha historia que nunca é só unha. Inés medra, ama, sobrevive e silencia. As voces que a rodean reconstrúen, entre ausencias e inaccións, un relato marcado pola violencia psicolóxica e o silencio social. 


 

lunes, 29 de diciembre de 2025

XVII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2026

 Grupos seleccionados:

- Grupo de Teatro do Lecer (A Coruña) Silencio cómplice.

- Grupo de Teatro Badius (Baio) O parvo.

- Catro Gatos (Bergondo) Encrobas.

- Allegro Teatro (Vigo) Agua y aceite.

Completan o cartel da décimo sétima edición do Encontro que terá lugar o vindeiro mes de febreiro na Aula de Cultura Xulio Cuns.