Aprazada a representación e "O galego, a mulata e o negro" da Asociación Cultural Cardume que estaba prevista como clausura do Encontro. A nova data será o sábado 2 de abril.
Comedia de 75 minutos de duración para todos os públicos.
Animados polos éxitos colleitados coas comedias representadas anteriormente, a compañía Gargallada Teatro disponse a subir a escena o seu primeiro proxecto de perfil dramático. Unha ambiciosa obra de crime e misterio, "Asasinato en Haversham Manor", baseada nun clásico da novela negra británica. Están convencidos de que nin as dificultades técnicas, nin o escaso dominio do inglés, nin o feito de traballar con animais vivos serán impedimento para lograr o éxito. Sen embargo, sobreveñen os desastres e o elenco comenza a desesperarse baixo a presión. Serán capaces de estabilizar a representación antes de que caia o pano?