martes, 26 de marzo de 2024
miércoles, 28 de febrero de 2024
Xornada de clausura do Encontro: Hipócrita Teatro
Título do espectáculo: Arte.
Autor: Yasmina Reza.
Xénero: Traxicomedia.
Duración: 70 min.
Público ao que vai dirixido: Maiores de 12 anos.
Breve sinopse ou resumo da obra:
Esta é unha obra construída con personaxes que se amosan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, sabe dicirnos unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos. Veremos como, en cuestión dunha semana e por un motivo aparentemente trivial, tres amigos fan saltar polos aires unha relación de quince anos e compórtanse como nacións en guerra: alianzas secretas, pactos rotos e, sobre todo, tolerancia cero. Axiña, todo isto mostraranos a fraxilidade das relacións humanas. A incapacidade para entender e para amar por riba dos nosos propios prexuízos.
Elenco: Teo García (Teo), Iván Redondo (Iván), Michael Pereira (Carlos).
miércoles, 21 de febrero de 2024
Terceira xornada do Encontro: Tangatutanga Teatro
Título do espectáculo: O lago dos cisnes.
Autor: Tangatutanga Teatro.
Xénero: Comedia.
Duración: 60 min.
Público ao que vai dirixido: Xeral.
Breve sinopse ou resumo da obra:
Vai frío. Non podía ser doutro xeito. Isto é Friecia. Friecia é unha monarquía absolutamente absoluta, gobernada pola nosa benquerida raíña Fríxida. Fríxida é unha raíña do máis moderno pero que...respecta as tradicións! Algunhas como a pena de norte ou comer reno á feira, a comida nacional por excelencia. A raíña Fríxida está preocupada porque a tradición máis importante non se está a cumprir: o seu fillo Sigfrido, o principe herdeiro, vai facer 41 anos e aínda non casou! A raíña prepara un baile na corte con 263,5 candidatas. Está todo listo e medido, con grande exactitude friesa pero... a noite antes, Sigfrido vai de caza, e no bosque, perto do lago, vai ter lugar un encontro do máis inesperado... Calquera cousa pode acontecer nesta achega cómica de Tangatutanga Teatro ao ballet clásico do Lago dos Cisnes.
Elenco: Marta Bouzón, Inés Colmeiro, Patricia Crespo, Sabela Dávila, Andrea de Francisco, Silvia Lías, María Meimije.
Dirección: Beatriz Bravo.

