lunes, 29 de diciembre de 2025

XVII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2026

 Grupos seleccionados:

- Grupo de Teatro do Lecer (A Coruña) Silencio cómplice.

- Grupo de Teatro Badius (Baio) O parvo.

- Catro Gatos (Bergondo) Encrobas.

- Allegro Teatro (Vigo) Agua y aceite.

Completan o cartel da décimo sétima edición do Encontro que terá lugar o vindeiro mes de febreiro na Aula de Cultura Xulio Cuns. 


miércoles, 26 de noviembre de 2025

Comeremos Croquetas en Portugal

 
A Agrupación Teatral Mariñán vén de ser invitada a participar no Festival de Teatro Amador do Noroeste Peninsular Palco de Terra que organiza o grupo Teatro de Balugas preto de Barcelos. 

Alí comeremos Croquetas o 6 de decembro ás 16:00h. 

sábado, 1 de noviembre de 2025

XVII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2026

Décimo sétima edición do Encontro organizado pola Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos. O prazo de admisión de propostas remata o 30 de novembro.



Desde estes enlaces é posible descargar as bases e a ficha de inscrición. 

Bases XVII Encontro Betanzos.

Inscrición XVII Encontro Betanzos.